Cando os políticos son un obstáculo para a mellora da calidade de vida

O con­ti­nuo retraso en pór en ser­vizo a área metro­po­li­tana de Vigo subliña a inca­pa­ci­dade dos polí­ti­cos locais e auto­nó­mi­cos para che­gar a un acordo que per­mita mello­rar a vida dos veci­ños das Rías Bai­xas. Desde finais do século XX temos ela­bo­rado infor­mes a ins­tan­cias das ins­ti­tu­cións locais, pro­vin­ciais e auto­nó­mi­cas para mos­trar a inci­den­cia da crea­ción de ser­vi­zos metro­po­li­ta­nos na mellora da mobi­li­dade, a sani­dade, edu­ca­ción e ser­vi­zos sociais, sen con­si­de­rar aínda o pulo do dina­mismo eco­nó­mico no ámbito par­ti­cu­lar, como é no ámbito do comer­cio e turismo.

Pero as dife­ren­zas entre os pode­res locais, encar­na­dos nos alcal­des ou con­ce­llei­ros non faci­li­tou o labor, pese a que os alcal­des da Man­co­mu­ni­dade da Área de Vigo decla­ran no ano 2000 “a nosa von­tade firme e uná­nime de cami­ñar cara á crea­ción da Área Metro­po­li­tana de Vigo. Os ali­cer­ces do pro­ceso que agora come­za­mos cimén­tanse sobre a fonda inter­re­la­ción que man­te­ñen os cida­dáns deste espazo terri­to­rial, sobre o con­ven­ce­mento polí­tico de que cons­ti­tuí­mos un ver­da­deiro feito metro­po­li­tano e sobre a fir­meza ins­ti­tu­cio­nal que nos outorga a repre­sen­ta­ción de preto de cin­co­cen­tos mil galegos”.

O certo é que as dife­ren­zas entre gru­pos polí­ti­cos e per­soas que repre­sen­ta­ban as cor­po­ra­cións locais impe­diu que o muni­ci­pio máis diná­mico demo­grá­fi­ca­mente (como é Pon­tea­reas) non apa­re­cera na pro­posta ini­cial. E que tam­pouco se tivera en conta a área de influen­cia de Pon­te­ve­dra, para crear una ver­da­deira rexión metro­po­li­tana na escala euro­pea e ibé­rica. Debe­mos coñe­cer que entre as áreas de Vigo e Pon­te­ve­dra alcán­zanse os 800.000 habitantes.

A mio­pía ou a escasa sen­si­bi­li­dade mani­fes­tada polos polí­ti­cos locais aumenta no caso da Xunta de Gali­cia, que ten reco­ñe­cida por Lei a posi­bi­li­dade de cons­ti­tuír áreas metro­po­li­ta­nas (lei 5/1997 de Admi­nis­tra­ción Local de Gali­cia). A inca­pa­ci­dade de xes­tio­nar as pro­pos­tas polí­ti­cas pre­sen­ta­das no par­la­mento, por exem­plo no ano 2006 polo BNG, mos­tra unha incom­pe­ten­cia de difí­cil xus­ti­fi­ca­ción.  Unha inca­pa­ci­dade que se dis­fraza de lior­tas polí­ti­cas, cando as máis das veces son de personalismo.

Vista do porto de Vigo.

Vista do porto e da cidade de Vigo.

Final­mente cando nos anos 2015/16 pare­cía que o camiño empe­zaba a ser cons­truído chega o enfron­ta­mento per­soal do alcalde de Vigo (Abel Caba­llero) co pre­si­dente da Xunta de Gali­cia (Alberto Núñez Fei­jóo) que racha co posi­ble desen­vol­ve­mento da área e cun pro­ceso xudi­cial que frus­tra as expec­ta­ti­vas da poboa­ción e de nume­ro­sos gru­pos polí­ti­cos e ins­ti­tu­cio­nais da zona sur galega. En xaneiro de 2017 todos os días pode­mos ler nos xor­nais locais algunha noti­cia que nos remite ao con­flito polí­tico, que xa está na esfera xudicial.

O enfron­ta­mento dos egos sen dúbida aco­cha una estra­te­xia polí­tica, pois se pre­tende defi­nir un novo modelo de orde­na­mento terri­to­rial, moi pare­cido ao que se quixo facer coa deli­mi­ta­ción comar­cal do período 1997/98. Uns intere­ses polí­ti­cos que revela a difi­cul­tade de que des­apa­reza o poder terri­to­rial dos 313 muni­ci­pios, onde os par­ti­dos crean as súas infra­es­tru­tu­ras de poder clientelar.

No fondo existe unha fonda falta de sen­si­bi­li­dade polos pro­ble­mas da poboa­ción, que pode­ría ver mello­rado o trans­porte público inter­ur­bano, que faci­li­ta­ría a reor­de­na­ción dos ser­vi­zos públi­cos de sani­dade, edu­ca­tivo e de ser­vi­zos sociais, sobre todo nunha poboa­ción que ten un ele­vado nivel de avellentamento.

O enfron­ta­mento dos egos polí­ti­cos leva apa­re­llada unha defi­ni­ción erró­nea do pro­blema que se quer solu­cio­nar. A disputa pola com­pe­ten­cia terri­to­rial (rei ver­sus virrei) implica que a aná­lise da situa­ción resida en quen ten o poder para criar unha área metro­po­li­tana e gober­nar. Cando os pro­ble­mas son outros. Por exem­plo cómo evi­tar ter que com­prar dous bille­tes dife­ren­tes de auto­bús ou tren/bus cando é o mesmo des­pra­za­mento de casa ao tra­ba­llo, cando se ten que uti­li­zar a auga dunha presa metro­po­li­tana (exem­plo do río Oita­vén) ou cando se nece­sita pla­ni­fi­car a oferta de estu­dos pro­fe­sio­nais dos ciclos de grao supe­rior. Parece que para iso é máis fácil adop­tar a xes­tión en forma de con­sor­cios entre enti­da­des públi­cas, para o que non hai que “des­cu­brir” nada novo, nin tam­pouco criar un ente a priori coas fron­tei­ras ben cla­ras para orgu­llo e satis­fac­ción do señor territorial.

Os pro­ble­mas das per­soas son obvia­mente huma­nos e non terri­to­riais. Non depen­den das fron­tei­ras, senón da xes­tión que se realice sobre o terri­to­rio e o espazo social. A reivin­di­ca­ción dun terri­to­rio local como lugar de domi­nio xa foi uti­li­zado polas dita­du­ras do século XX para trans­for­mar os sen­ti­men­tos dos espa­zos vitais en terri­to­rios de con­quista polí­tica. E todos sabe­mos das súas con­se­cuen­cias. Ou, ao mellor, os polí­ti­cos locais e auto­nó­mi­cos de Vigo e Galiza igno­ran os fei­tos do pasado. En cal­quera caso, lamen­ta­ble situación.

Para saber máis:

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coor­di­na­dor). Áreas metro­po­li­ta­nas gale­gas, San­tiago de Com­pos­tela: Xunta de Gali­cia, 2009.

 

Xosé Manuel Souto Gon­zá­lez é mem­bro do Ins­ti­tuto de Estu­dios Vigue­ses e pro­fe­sor titu­lar de Didác­tica das Cien­cias Sociais na Uni­ver­si­dade de Valencia.

 

Ficha biblio­grá­fica:

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. Cando os polí­ti­cos son un obs­táculo para a mellora da cali­dade de vida. Geo­cri­tiQ. 25 de febrero de 2017, nº 288. [ISSN: 2385–5096]. <http://www.geocritiq.com/2017/02/cando-os-politicos-son-un-obstaculo-para-a-mellora-da-calidade-de-vida>

Share and Enjoy

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • LinkedIn
  • StumbleUpon
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

One thought on “Cando os políticos son un obstáculo para a mellora da calidade de vida

  1. A ideia cen­tral exposta pelo autor faz todo sen­tido. Tal ideia foca­liza a “mio­pia ou falta de sen­si­bi­li­dade polí­tica” para ges­tar um terri­tó­rio que abriga o povo que o ele­geu.
    No Bra­sil esta­mos “bebendo” o veneno derra­mado por polí­ti­cos corrup­tos e des­com­pro­me­ti­dos com a mel­hora da qua­li­dade de vida da imensa maio­ria dos tra­bal­ha­do­res. A inver­são de valo­res é nítida em todos os seto­res da nossa socie­dade. Lamen­tá­vel! O momento atual é de resis­tên­cia e luta con­tra os des­mon­tes que o atual Poder exe­cu­tivo insiste em imple­men­tar no terri­tó­rio bra­si­leiro. Andrea

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>